" />

O PP pide a creación dun código de boas prácticas para regular a web da Deputación

O Grupo Provincial do PP pedirá no próximo pleno da Deputación de Lugo que o Goberno elabore unhas normas ou código de boas prácticas para regular o contido da web da institución en consenso con todos os grupos da oposición e evitar así que esta páxina institucional estea ao servizo dun partido político e blindar deste xeito a transparencia e a obxectividade, con independencia de quen goberne.

Os populares consideran que as canles de comunicación que son sufragadas con recursos propios das administracións públicas, como é o caso da páxina web da Deputación de Lugo, “adquiren en parte ou totalmente a característica de medios públicos” e, polo tanto, deben cumprir, segundo precisan dende o Grupo Popular, “unha función de servizo público baseado en ofrecer unha información veraz, obxectiva e co único propósito de enriquecer o servizo que se lle presta aos cidadáns”.

Porén, os populares denuncian que no caso da páxina web da Deputación de Lugo “prodúcese un uso partidista por parte do Sr. Presidente e do PSOE, ao utilizar esta ferramenta como un órgano de expresión e difusión das noticias protagonizadas polo Grupo Provincial Socialista cunha clara politización do tratamento informativo”.

Dende o Grupo Popular tachan a politización do tratamento informativo das noticias que se publican na páxina web de “indecente”, como así, precisan, “evidencian as novas publicadas nos últimos meses nas que se fai un uso descaradamente sesgado da información”. “Estanse a publicar de xeito continuo novas que atacan de forma directa ao partido maioritario da oposición cando cada partido xa conta coas súas canles propias para lanzar as súas mensaxes políticas”, precisan.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo