O PP pide que comparezca en pleno Maite Ferreiro para explicar o “abandono dos museos municipais”

O Partido Popular no Concello de Lugo pedirá que a responsable de cultura, a nacionalista Maite Ferreiro, comparezca en pleno co obxecto de poñer “luz e taquígrafos á situación de abandono que sufren os museos e salas municipais en canto aos fallos dos contidos dixitais”.

Para o voceiro popular, Ramón Carballo, resulta “chamativo” que os nacionalistas culpen das deficiencias de xestión destas salas ao PSOE matizando que “abren unha nova brecha no bigoberno eludindo responsabilidades e anunciando, curiosamente, trala nosa denuncia que levarán a cabo un plan de choque”.

Dende o PP esiximos responsabilidades políticas “pola falla de dilixencia e incapacidade do goberno” e pide “un traballo serio para solucionar o antes posible os problemas técnicos que hai en todas as salas municipais, especialmente, o MIHL e a Casa dos Mosaicos onde os seus contidos básicos son os vídeos”.

Ramón Carballo salientou que os nacionalistas, “abanderados da cultura”, semella que teñen problemas para xestionar os museos municipais reflexionando “teñen os museos como os teñen e logo presumen de querer que o noso casco histórico sexa Patrimonio da Humanidade”. Para os populares o problema de mantemento dos museos municipais resulta moi preocupante xa que “se son incapaces de xestionar os museos municipais, que podemos esperar do que van facer co novo auditorio de Magoi”.

Por último, o voceiro popular ironizou co “apresurado plan de choque que os nacionalistas veñen de anunciar e que, curiosamente, coincide xusto coa denuncia feita polo Partido Popular, e preguntan ao BNG se a situación era tan caótica porque non o denunciaron”. Carballo concluía que esta situación vén motivada porque “a concelleira de cultura atende a outros menesteres da Deputación que é de onde cobra o seu soldo deixando de lado as cuestións que afectan ao eido municipal”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com