O PP porá a disposición dos lucenses un autobús para acudir á manifestación do domingo en Madrid

O Partido Popular da provincia de Lugo porá un autobús a disposición das persoas interesadas en acudir á manifestación que se levará a cabo este domingo 10 de febreiro en Madrid contra as políticas de Pedro Sánchez organizada polos populares.

O autobús partirá á unha da madrugada do sábado ao domingo fronte á sede provincial do partido, no número 14 da rúa Poeta Ramón Cabanillas. A hora de saída para o regreso está prevista para as catro da tarde dende a capital de España.

Aquelas persoas que o desexen poderán anotarse na sede provincial en horario de dez a dúas e de cinco a oito ou a través do teléfono 982 22 49 09. O prezo por persoa será de 10 euros e a inscrición por rigoroso orde de reserva.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Alex TM
    Feb 07, 2019 - 09:04 PM

    Para ir de fin de semana tamén vale, @PPdeLugo?

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo