" />

O PP pregunta os motivos polos que o 40% da plantilla municipal presentou alegacións contra a RPT

O Partido Popular desvela que o 38% do cadro de persoal do Concello de Lugo está en desacordo coa Relación de Postos de Traballo (RPT) que presentou o equipo de goberno. O vicevoceiro popular Antonio Ameijide explicou que as 228 alegacións que se presentaron a este documento proban que hai “un malestar importante dentro da casa” e pide á responsable de gobernanza prudencia e que antes de “presumir de RPT” revise as alegacións dos traballadores, que faga unha valoración individualizada e as modificacións que sexan de xustiza.

Os populares anunciaron que queren chequear as 228 alegacións que se rexistraron á Relación de Postos de Traballo polo que pedirá acceso e copia á documentación.

Para Ameijide “en materia de persoal no concello de Lugo hai moito traballo por diante” citando exemplos que a diario poñen en evidencia a “deficiente política de persoal” seguida nos últimos 20 anos de gobernos socialistas que “provocaron o desmantelamento de brigadas como a de augas, obras, do rural así como a situación de mínimos que hai en algúns servizos municipais” como na Escola de Música ou en departamentos onde non se cobren xubilacións ou non se fan reforzos e se acumula o traballo sen darlle unha saída áxil xogando coa paciencia dos lucenses.

Os populares tamén lamentan que se perdese a Oferta de Emprego Público do ano 2019 dándolle a espalda a crear prazas novas e perdendo os reforzos necesarios nalgúns servizos.

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Antonio Fernandez
    Feb 29, 2020 - 05:27 PM

    Esos son puestos de traballo entregados a dedo para los enchugados de turno.

    Reply
  2. Avatar
    José Manuel González Díaz
    Feb 28, 2020 - 04:19 PM

    O 38 % , son enchufados pepeiros.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo