O PP propón ceder parcelas municipais do rural a quen impulse nelas actividades agrogandeiras

O Partido Popular no Concello de Lugo propón desenvolver un programa de mobilización de terras e parcelas, de propiedade municipal abandonadas e improductivas, para que os veciños das parroquias as poidan utilizar potenciando a actividades  agrogandeiras e forestais.

O concelleiro popular Manuel López explicou que esta iniciativa ten como obxectivo “poñer en valor os terreos e dinamizar o rural así como previr a loita contra os incendios o que suporía un aforro en limpeza, desbroce dos predios…”. Outra das finalidades deste programa é dar seguridade aos veciños que na actualidade xa están utilizando estas parcelas “nese caso habería que respectar o uso pero dándolles unha garantía”.

O edil do PP explicou que “segundo o inventario municipal nos montes comunais do municipio contamos co 1094 parcelas cunha extensión total de 571 hectáreas. Dentro desta bolsa de terras propiedade do concello distinguimos 101 parcelas, cunha extensión similar á dun campo de fútbol, co que servirían perfectamente para dárlles un uso agrícola. A maiores dos montes comunais o concello tamén dispón de 353 parcelas rústicas de titulariedae municipal que ocupan 110 hectáreas.

Manuel López explica que “sabemos que non é unha tarefa doada” aclarando que “se queremos evitar que as 54 parroquias do concello esmorezan é preciso actuar xa”. Para López “un concello como Lugo no que o rural ten un peso tan importante debe responsabilizarse e apoiar medidas que lle sexan beneficiosas”.

Para a posta en marcha deste programa de mobilización de terras e parcelas, segundo os populares, deberíase avanzar en varias direccións “a primeira é facer unha actualización da situación actual das parcelas de titulariedade municipal: saber se están plantadas, se son pasteiros, están baldías, se teñen vexetación espontánea e, incluso tamén debemos chequear aquelas que están usando os veciños co ánimo de dárlle unha seguridade xurídica e mesmo correxir erros catastrais”.

En definitiva, os populares aseguran que hai que facer unha “radiografía” de como están as propiedades do concello na zona rural e unha vez feito este mapa determinar aqueles predios que se poden ofertar para dárlles un uso agroforestal ou gandeiro. López rematou asegurando que o seu grupo presenta esta iniciativa ao pleno porque considera que “é preciso atallar a dinámica negativa de despoblación e de abandono das terreas con políticas activas claras” engadindo que “cada administración debe poñer o seu grao de area”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com