O PP Provincial acorda o reparto das áreas para fiscalizar ao goberno

O Grupo Provincial acorda o reparto das áreas para fiscalzar o  gobernó, para deste xeito facer un traballo “aproveitable e produtivo” para a provincia. Así o indica a voceira Elena Candia quen manifesta se trata dunha distribución “pensada, tal e como dixemos, para fiscalizar o traballo do goberno que, por certo, é o que ten máis medios da historia, co obxectivo de que este se axuste ás necesidades que ten a nosa provincia”.

As áreas das que se ocuparán os deputados do PP, axustándose ao acordo acadado polo Pleno o pasado 30 de xullo, son as seguintes:

Elena Candia (voceira): Xestión Territorial; Réxime Interior; Promoción do Territorio e Turismo.

 Javier Castiñeira (vicevoceiro): Cooperación e Asistencia aos Concellos; Deportes, Artesanía e Deseño e Memoria Histórica; Cultura, Patrimonio Histórico e Artístico e Normalización Lingüística; e Formación, Ensino e Economía do Coñecemento.

 Agustín Baamonde (vicevoceiro): Participación Cidadá; e Medio Rural e do Mar.

 José Antonio García (vicevoceiro): Promoción Económica e Social; e Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas; Medio Ambiente; e Recursos Sostibles.

Lola Castro (deputada): Muller e Igualdade.

Comisións Informativas

Polo que respecta ás dúas Comisións Informativas existentes na proposta aprobada, estas estarán integradas por tres membros do Grupo do PP. A designación é a seguinte:

1.- Comisión Xeral de Asuntos do Pleno: Francisco Balado Teijeiro, José Pardo Lombao, José Ángel Santos Sánchez.

2.- Comisión de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas: Dolores Castro Ochoa, José Jesús Novo Martínez e Pablo Taboada Camoira.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Luis Díaz
    Ago 01, 2019 - 10:33 PM

    Fiscalizar , dicen . Si toda la judicatura española fiscalizara en su día al partido al que estas personas pertenecen , hoy tendríamos un país menos corrupto , y estos diputados provinciales serian más creíbles .

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo