" />
Antonio Ameijide Antonio Ameijide

O PP reclama que se abra a rúa Soto Freire

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular reclamou a apertura inmediata da rúa Soto Freire xa que os traballos “aparentemente” están rematados e o prazo de execución da obra tamén concluiu. Antonio Ameijide matizaba que a retirada das vallas de Soto Freire deberían ir acompañadas por unha explicación “clara” sobre como vai resolver o goberno local o acceso dos vehículos que, antes desta obra de urbanización, utilizaban este tramo de Soto Freire para entrar nos garaxes ou achegarse á consigna da Estación de Autobuses.

O  popular reflexionaba “se se houbesen planificado a obra con xeito poderíamos aforrar de entrada os 106 € diarios que durante 4 meses nos custou de media o paso provisional,  poderíamos tamén ter reducido o tempo no que estivo pechada a rúa, evitando molestias aos veciños, e por último poderíamos ter evitado a imaxe de provisionalidade que ofrece este espazo”.

Nese senso, os populares preguntan ao goberno local se teñen previsto  retirar as vallas que colocaron no acceso a Soto Freire dende a rúa Dinán.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo