O PP teme que o expediente da praia fluvial caducase

O Partido Popular do concello de Lugo,  teme en palabras do seu viceportavoz, que “pola irresponsabilidade de socialistas e nacionalistas a tramitación da praia fluvial de Lugo retroceda ao momento de partida de hai tres anos”. Ameijide facía estas declaracións “despois de comprobar, na documentación do expediente desta dotación á que tivo acceso o Grupo Popular, que o goberno local de Lugo incumpriu o último prazo que lle deu a Confederación Hidrográfica Miño Sil para completar a documentación do expediente.

O edil explica que “o 2 de abril de 2019 o xefe de servizo da CHMS alertaba que a tramitación do expediente incoado polo concello de Lugo para a instalación no río Miño dunha zona de baño atopábase paralizado por causas que non lle son imputables á Confederación xa que o concello de Lugo non dera resposta aos escritos do 4 de febreiro de 2019 e do 22 de febreiro de 2019. Nesta comunicación advírteselles que transcorridos tres meses desde o recibo da documentación se esta non se presenta producirase a caducidade do expediente e o arquivo das actuacións incluídas no mesmo. Segundo figura na documentación consultada non foi ata o 24 de febreiro de 2020 cando se respondeu a este escrito”. Ameijide lamentou “a neglixencia, a desidia e a desorganización de socialistas e nacionalistas por remitir a documentación que se lles requiría con dez meses de atraso e 7 meses despois de que caducase”.

Os populares preguntan “que vai facer agora o concello e porque Lugo é o único municipio da contorna que non ten zonas de baño fluviais públicas a pesar de que pasa un río como o Miño á beira do centro urbano”.

 

Novas relacionadas

  1. Jose Antonio Cabo Martinez
    Ago 27, 2020 - 01:43 PM

    Dais pena siempre estáis en donde no debéis luchar por un lugo mejor unidos y ampollándola a la alcaldesa hacer algo en general por Lugo y no criticar por criticar si es culpa nuestra muchas veces que se retrase en hacer cosas buenas por lugo

    Reply
  2. J Eduardo Veiga
    Ago 26, 2020 - 10:25 PM

    No es verdad todo lo que intentais hacer creer.

    Reply
  3. J Eduardo Veiga
    Ago 26, 2020 - 10:24 PM

    Pero vosotros mirasteis medio ambiente, la confederación hidrográfica cuando estaba en vuestras manos, los tiempos de respuesta en los tramites, etc.etc. Por favor, no hableis de oído y mirar desde el principio.

    Reply
    • Oscar Poy
      Ago 27, 2020 - 12:30 PM

      J Eduardo Veiga Hace dos años ya que la Hidrográfica tiene a un alto cargo del PSOE como dirigente.

      Si quiere excusar al bipartito municipal también en esto, pues hágalo, claro

      Pero no culpe a los demás, por favor

      Reply
    • J Eduardo Veiga
      Ago 27, 2020 - 12:55 PM

      No culpo a nadie (y menos en política, todos tenemos aciertos y culpas, seamos del color que sea). Lo que me molesta es la manera de manipular la información que todos conocemos desde hace años. Vuelvo a decir, en Lugo todos sabemos como se mueven los partidos y la ciudadanía bien que lo demuestra; en las municipales, en las autonómicas, en las generales. El pueblo no es tonto. En fin, al igual que yo tengo toda la información (vía registros), ustedes, si quieren, tambien la tienen. Salud.

      Reply
  4. Sandra Sánchez
    Ago 26, 2020 - 09:48 PM

    Mellor rirse que senón!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com