O PP urxe á Deputación a posta en marcha das piscinas climatizadas de Monterroso e A Pastoriza

O Grupo Provincial do Partido Popular urxe á Deputación de Lugo que posibilite a posta en funcionamento das piscinas climatizadas que financiou nos concellos de Monterroso e da Pastoriza. En concreto, os populares rexistraron esta mañá unha iniciativa que se debaterá no pleno provincial do próximo martes e a través da que o Grupo do PP solicita que a institución pública lucenses adopte, de maneira inmediata e urxente, as medidas necesarias para solucionar os problemas existentes que motivan a non apertura ao público destas instalacións deportivas.

A voceira dos populares na Deputación, Elena Candia, explica que “levamos este asunto ao pleno xa que consideramos que estamos ante unha situación dunha gravidade considerable” xa que proxectos que supuxeron un forte investimento público de todos os lucenses “non están a prestar un servizo aos nosos veciños, mentres as instalacións “se están a deteriorar sen abrir as súas portas”, engade.

A popular lamenta que, “pese a levar un ano e tres meses no Goberno, Darío Campos non teña feito absolutamente nada para lograr a apertura destas dúas piscinas”

 3.3 millóns de euros para as piscinas

A construción da piscina climatiza da Pastoriza implicou unha achega da Deputación de Lugo superior aos 1,5 millóns de euros; mentres que á obra deportiva acometida en Monterroso destinouse máis de 1,8 millóns euros. Polo tanto, Candia matiza que “estamos a falar de máis de 3,3 millóns de euros que urximos que teñan unha repercusión directa nos veciños e que os lucenses se podan beneficiar desta inversión”. “É totalmente censurable a imaxe que, por exemplo, nos ofrece a infraestrutura da Pastoriza, cos vasos da piscina cheos de auga con musgo ou da de Monterroso totalmente baleiros e cheos de sucidade”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com