O PP ve “un chiste” que o PSOE pretenda facer o control horario con “papel e boli”

O todavía voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, ve “un chiste” na intención do actual goberno municipal en funcións que instalen o control horario “con bolígrafo e papel”.

Antonio Ameijide sinala que durante os últimos catro anos o seu partido reiterou que os socialistas deixaran a Lugo “paralizado no tempo”, pero “semella que eles quedaron moito máis atrás porque na era dixital non queren aproveitar os avances tecnolóxicos”.

“Temos desde hai máis dunha década as máquinas para o control horario instaladas. Tiveron tempo de sobra para poñelas a funcionar e agora, a menos de 15 días para que se constitúa a nova corporación veñen con este chiste”, afirmou o popular.

O sistema proposto polo edil de persoal en funcións, Daniel Piñeiro, prevé que os traballadores municipais asinen a folla de entrada e saída dos seus postos en follas de rexistro que estarán dispoñibles en cada servizo e que tamén recollerán as incidencias.

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Luis Díaz
    Xuñ 05, 2019 - 01:17 PM

    Pues en mi empresa lo hacemos así , y legal que es oiga , lo que es un chiste es que al PP se le siga votando , sabido lo sabido de su corrupción .

    Reply
    • Avatar
      Xornal de Lugo
      Xuñ 05, 2019 - 01:24 PM

      Dende logo que é legal. En moitas empresas faise así e non é nada malo. Non seremos nós quen defendamos a un grupo político ou a outro pero, neste caso, consideramos que o ‘chiste’ ao que se refire o PP é a que se faga o control con papel e boli logo de ter investidos moitos cartos municipais nas máquinas para facer o control dixitalmente (e que xa están instaladas). Pódese ler todo na noticia do noso xornal. ☺️

      Reply
    • Avatar
      Luis Díaz
      Xuñ 05, 2019 - 01:32 PM

      Xornal de Lugo , pois fácil é arranxar o problema , fálase cos funcionarios encargados do tema , e punto , suponse que alguén sabe as suas responsabilidades dentro do concello . o resto e aproveitarse de todo con un fin partidista , algo no que os do PP son Mestres .

      Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo