" />
O presidente do PPdeG, Alberto Núlez Feijóo, na comida mitin do PP de Lugo. Finca La Fortaleza (Lugo), 28 de outubro de 2018

O Presidente da Xunta quenta motores de cara ás municipais

O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, dixo hoxe en Lugo, no transcurso da polbada do San Froilán que “o PPdeG é o único partido que ten un proxecto para Lugo e que mostra diso son os orzamentos do Goberno autonómico para esta provincia: “nunca houbo tanto orzamento en Lugo como agora”. “A Xunta, engadiu, investirá máis de 4.000 euros por cada lucense, moito máis do que se destinaba a esta provincia no 2009”.

Neste senso, Feijóo explicou que as contas para 2019 están cheas de solucións para pagar menos impostos, xa que “se amplían as rebaixas aprobadas nos últimos anos; para mellorar a mobilidade, como a futura Ponte de Viveiro; para o rural, con máis investimentos  e en materia social, con máis fondos para atención á dependencia e a apertura das primeiras Casas do Maior. “E o impulso ao Barrio da Residencia de Lugo”, para o que o presidente dos populares galegos reclama o compromiso do Goberno central. Indicou, ademais, que a chegada do AVE a Lugo é “un compromiso sagrado”. Tal e como dixo, Galicia será a única comunidade autónoma que terá orzamento o un de xaneiro de 2019.

Durante a súa intervención, na que puxo de manifesto a parálise do concello de Lugo e unha década de “codazos” na Deputación provincial, o presidente do PPdeG salientou que Lugo merece algo mellor. “Teñen os motores apagados, o único que funciona é o da Xunta”, sinalou.

Pola súa banda, o candidato polo PP á alcaldía de Lugo, Ramón Carballo, no seu discurso de benvida, destacou a necesidade dun cambio no goberno de Lugo e manifestou que o Partido Popular é a única alternativa porque  “temos proxecto e modelo de cidade fronte a parálise e o déficit de xestión do goberno socialistas”.

Carballo amosou o seu convencemento de que é posible gañar estas eleccións “se somos quen de xerar unha ola de ilusión e de cambio”. Para o alcaldable “todos temos a responsabilidade de iniciar esa onda e, se todos xuntos poñemos forza e empeño esa onda será un tsunami que arrase coa parálise, a desorganización, descontrol e o sectarismo do partido socialista tanto no Concello de Lugo como na Deputación”.

O candidato á alcaldía tamén aproveitou a presencia do Presidente do PPdeG para advertirlle que “cando sexa alcalde os proxectos vitais para Lugo que aínda non estean concluídos estarán nos despachos do teu goberno. Asegúroche que son moi tenaz, dos que insisten”. O candidato popular  “tamén agradeceu o esforzo inversor da Xunta en infraestructuras como o colexio do Sagrado Corazón ou o barrio da residencia”.

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo