" />

O presidente dos populares lucenses afirma que o seu partido nunca utilizará aos enfermos da provincia de xeito electoral

O voceiro do Grupo Parlamentario Popular e presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, afirmou hoxe, durante unha rolda de prensa para valorar o Debate sobre o Estado da Nación, que “a mellor política social do Goberno de Mariano Rajoy foi evitar o rescate”.

Acompañado por senadores e deputados lucenses, Barreiro acusou aos socialistas de”non” recoñecer “os logros conseguidos polo Executivo, que segundo dixo, son valorados positivamente por todos os organismos internacionais”.

Insistiu en que a estabilidade e a confianza é a clave dos gobernos municipais e no referente aos servizos do HULA, afirmou que o seu partido no vai xogar coa saúde das persoas para sacar votos e que nunca se vai facer fotos con persoas vítimas dunha enfermidade con fin electoral.

Por último, en referencia á operación Pokemon, amosouse satisfeito coa decisión do Supremo de arquivar a súa causa, recalcando que sempre confiou na Xustiza.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo