" />

O presunto autor do crime machista das Gándaras posto a disposición xudicial

O home detido o pasado venres como presunto autor do asasinato de Clara María Expósito o pasado xoves na cidade de Lugo, foi posto hoxe a disposición xudicial, segundo informaron esta mesma mañá fontes policiais.

Pasadas as 11.00 horas o arrestado abandonaba as dependencias da Comisaría da Policía Nacional de Lugo para acudir ao xulgado. Este feito ten lugar despois de que se lle tomase declaración na propia comisaría como investigado por delitos de homicidio, violencia de xénero e doméstica.

Despois da toma de declaración, o presunto autor dos feitos foi trasladado ao xulgado para pasar a disposición do Xulgado de Instrución Número 2 de Lugo, de garda cando ocorreron os feitos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo