O proxecto “Implica2 no meu barrio” mellorará a convivencia entre os mozos e mozas

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, o director en Lugo de Seguros Artai, Marco Antonio López, e as educadoras sociais, Carmen Fernández e Elena Carballal, presentaron o programa Implica2 no meu barrio, para mellorar a educación en convivencia entre os mozos e mozas dos barrios de Fermín Rivera, Abella e Milagrosa.

Ana González Abelleira fixo fincapé en que se “trata de fomentar habilidades sociais saudables entre os rapaces e rapazas de entre 12 e 16 anos destes barrios, entre eles os que xa participan no programa de intervención familiar, aos que está destinado este proxecto, para fomentar o aprendizaxe das condutas sociais, incidindo nos factores de risco social”.

Pola súa banda, Marco Antonio López agradeceu, en nome de Artai, ao Concello “a oportunidade de colaborar con este programa, que engrandecen a nosa cidade e que lle axudan á xuventude da cidade de Lugo”.

Finalmente a educadora social, Carmen Fernández, explicou que “educadoras e monitores traballarán en cada barrio en grupos máximos de vinte mozos e mozos e mozas para Abella e Milagrosa e de dez en Fermín Rivera, para evitar o fracaso escolar, as drogodependencias ou o mal uso das redes sociais, entre outros”.

Para elo, diferéncianse entre dous colectivos xuvenís, por un lado os que participan no medio escolar normalizado e os que están á marxe do sistema educativo. Os obxectivos son que adquiran hábitos de comportamentos e condutas axeitadas, como madurez, responsabilidade, igualdade, colaboración e interacción intercultural.

A metodoloxía que se vai a empregar é activa, participativa, coeducativa, grupal e integradora. As actividades levaranse a cabo ao longo do ano 2017 durante dous días á semana en locais de cada barrio e tamén se contará con actividades extraordinarias como paintball, sendeirismo, ou excursións, entre outras.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com