O próximo luns 20 de abril comeza o prazo de pagamento voluntario do Imposto de Bens Inmobles

A Concellería de Economía, que dirixe Sonia Méndez, anuncia que dende o próximo luns 20 de abril comezará o prazo de pagamento en vía voluntaria do Imposto sobre Bens Inmobles, que se prolongará ata o 22 de xuño.

Desta maneira, o Concello porá ó cobro este ano un total de 102.466 recibos do IBI por un importe total de 20.795.851,40 euros. Esta cifra supón unha diminución de 52.106 euros con respecto do ano pasado, que se produce ao ter o Concello conxelado o imposto, ademais de ser Lugo a cidade galega que ten o IBI máis barato.

Ademais de manter conxelado un ano máis este tributo, o Concello de Lugo ten establecidas unha serie de bonificacións das que se poden beneficiar tanto emprendedores como titulares de vivendas de protección oficial e familias numerosas, entre outros colectivos, sempre e cando os contribuíntes así o soliciten.

A Ordenanza fiscal do Imposto sobre Bens Inmobles establece unha bonificación do 90% na cota íntegra do imposto, sempre que se solicite antes do inicio das obras, para os inmobles que constitúan o obxecto da actividade das empresas de urbanización, construción e promoción inmobiliaria tanto de obra nova como de rehabilitación equiparable a esta, e non figuren entre os bens do seu inmobilizado. O prazo de aplicación desta bonificación comprenderá dende o período impositivo seguinte a aquel en que se inicien as obras ata o posterior á terminación delas.

A evolución dende o ano pasado ten poucos cambios xa que se poñerán ó cobro este ano 88.542 recibos de urbana, por un importe de 20.739.260,01 euros, o que supón un incremento de 211 recibos, un 0,24% máis, pero unha recadación de 51.818 euros menos.

Tocante a rústica, o número de recibos que se pasarán ó cobro é de 13.924 por importe de 56.591,39 euros. O número de recibos aumenta en 85, o que supón un 0,61% máis, e o importe descende en 287,63 euros, un 0,51 menos que en 2014.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com