" />

O PSdeG de Ribadeo denuncian que o Concello aínda non executou as obras da praza da música

Os Socialistas de Ribadeo denuncian que o Concello aínda non executou as obras de reparación na Praza da Música, pola que foi condenado a reparar así como os danos ocasionados nos garaxes dalgúns edificios lindeiros debido as filtracións de auga.

Segundo puidemos constatar, na notificación da execución da sentencia, o Concello de Ribadeo ten de prazo ata a finais de febreiro para arranxar esta Praza, “pero a día de hoxe alí non se moveu nin unha soa pedra”. Dende a Agrupación Socialista de Ribadeo lembran que a sentenza, contra a que non cabe recurso ordinario, descarta a posibilidade dunha incorrecta execución da obra da Praza pois, desde que foi recibida polo Concello no ano 2000, non se presentou ningunha obxección.

“Foron os propios afectados e propietarios os que nos alertaron desta situación de desamparo, na que o Concello aínda non realizou ningún arranxo neste espazo. Ademais, tal e como consta na notificación, si o Concello non executa as obras nos prazos previstos poderá ser sancionado con multas, sen prexuicio das responsabilidades patrimoniais que houbera. Por iso preguntámonos a que espera o Alcalde para executar esta obra?”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo