O PSdG conservará a alcaldia de Lugo se pacta co BNG

O partido Popular volveu gañar as eleccións municipais en Lugo, pero este resultado non é suficiente; aínda contado con Cidadáns, que a priori poderían pactar, no caso de que a suma dos dous partidos  conformara unha maioría absoluta.

Aos que lle dan os números é ao Psoe de Lugo é a Lara Méndez que co apoio do BNG poderá seguir como alcaldesa de Lugo.

Así que haberá que agardar ás negociacións que se desenvolverán a partir de mañá para saber como se conformará o equipo que goberne a capital da provincia nos vindeiros catro anos.

Todo fai pensar que haberá un goberno de coalición no municipio de Lugo coa participación de  socialistas e nacionalistas. Se isto é así, as negociacións prevense difíciles, pois sempre que se formou un goberno entre estas dúas formacións políticas, estas foron longas e complicadas.

Desaparecen do salón de plenos dúas formacións políticas: Lugonovo e ACE-EU. A división dos movementos alternativos deu como resultado que non entrará ningunha das dúas formacións e tamén supuxo que Podemos non acadara o 5% que esixe a lei para entrar no consistorio.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Cabado Garcia Cabado
    Mai 27, 2019 - 03:24 AM

    ciudadanos xa e cidadans imos avanzando logo…ágora teñen que meter os nazis e tres pes para un banco

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com