O PSOE “acorralará” á Xunta ata que remate a Ronda Leste

O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos, a Presidenta do partido e Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, os Deputados no Parlamento Galego pola Provincia de Lugo, Luis Álvarez e Concepción Burgo, e a Secretaria Xeral de Lugo, Ana González, avanzaron que “acarrolarán” ao goberno galego do PP na Xunta de Galicia ata que rematen a Rolda Leste.

Trátase dun proxecto que o Partido Socialista, xunto aos seus veciños na provincia de Lugo, levan esixindo ao Partido Popular dende o 2009 sen que nada se fixese aínda todas as demandas realizadas durante todo este tempo.

Santos Ramos destacou que “imos a acorralar ao goberno da Xunta ata conseguir que se remate a Rolda Leste, unha vía de comunicación fundamental para dar unha solución de mobilidade aos lucenses da contorna da cidade de Lugo e aos propios da capital. Coa construción do HULA, o Goberno do PSOE na Xunta deixou desenvolto o tramo que vai dende a estrada de Ribadeo ata a estrada de Fonsagrada. Quedan pendentes apenas 6 quilómetros que van dende a estrada da Fonsagrada ata a Tolda de Castela, que darían saída aos máis de 4.600 vehículos, que hoxe pasan pola estrada do Rato, agardando a que o PP cumpra coas súas obrigas. Foi o Partido Socialista quen deixou comprometida a Rolda Leste e foi o PP a que a sacou dos orzamentos do estado no 2013, despois de ter 17 millóns prometidos de investimentos que nunca realizaron. Por este motivo, imos a iniciar unha serie de accións políticas para acorralalos e para obrigalos a que cumpran cos lucenses”.

Lara Méndez subliñou que “xa non estamos pedindo obras novas, xa non pedimos maior inversión, o único que estamos pedindo é que finalicen o iniciado. Para a Xunta do PP Lugo non existe. O que lle queremos recordar é que somos case 100.000 veciños, que temos os nosos dereitos e que queremos que conclúan unha rolda imprescindible para aliviar o tráfico e impulsar o cinto verde da cidade. Como é costume no Partido Popular, desapareceu misteriosamente o proxecto no 2013 dos orzamentos e nunca máis soubemos del. É moi triste que teñamos que estar aquí esixindo que finalicen os proxectos iniciados polo Partido Socialista”.    

Luís Álvarez apuntou que “dende o PSOE seguiremos reivindicando permanentemente o cumprimento deses compromisos con Lugo, non porque queiramos ter distintas cosas aos demais, se non o que non queremos é ter menos, queremos ser iguais.  Por iso, no Parlamento Galego imos a impulsar unha batería de iniciativas para que se leve a cabo este tramo que falta por concluír da Rolda Leste, un proxecto que se non chega a ser polo Goberno de Touriño, nin existiría”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com