" />

O PSOE de Abadín insta ao Concello a asumir as súas competencias de recollida de lixo

O Voceiro Socialista de Abadín, Pablo Díaz avanzou hoxe que rexistrou unha moción coa que reclama ao Concello que asuma as súas competencias co servizo de recollida de lixo, tal e como marca a normativa, e dote de xeito urxente aos veciños de Samordás e Bicos, na parroquia de Galgao, deste servizo.

O Voceiro Socialista advertiu que “a competencia do servizo de recollida de lixo é responsabilidade das entidades locais, e poden desenvolvela de xeito asociado ou con medios propios, polo tanto Concello de Abadín é o único responsable da recollida, transporte e do tratamento dos residuos domésticos xerados nos fogares, comercios ou servizos da nosa vila”.

“Non entendemos como en pleno século XXI hai familias e vivendas no noso Concello que non poden dispoñer deste servizo, xa que ten quer ser unha prestación
prioritaria na folla de ruta de calquera goberno municipal”, insistiu Díaz. Por todo isto , os socialistas instan ao Alcalde do PP de Abadín e a todo o seu Goberno “a que revise a prestación do servizo de recollida de lixo que se está realizando actualmente no Concello, co fin de solventar as graves deficiencias existentes, como ocorre actualmente na parroquia de Galgao”, resumiu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo