" />

O PSOE de Bóveda lembra que solicitaron o punto limpo móbil fai máis de seis meses

A Voceira Socialista de Bóveda, Carmen Macía lembroulle hoxe ao Alcalde que o Grupo Socialista propuxo no pasado pleno de xuño ao Concello, a posta en servicio dun punto limpio móbil, como xa tiñan en marcha outros concellos da contorna.

A contestación do Alcalde naquela data, foi sinalar que a veciñanza xa sabia onde tiña que deixar os residuos, e que todo o mundo estaba informado. Dende o Grupo Socialista insistimos na necesidade de adquirir este equipamento, sobre todo para facilitar á veciñanza de Bóveda a recollida de todo tipo de enseres, e tamén para evitar a proliferación de pequenos vertedoiros na vila.

“E agora comprobamos que o Alcalde tardou seis meses, fíxonos caso e recuou, e puxo en marcha este servicio que nos parece esencial para a veciñanza. Dende o PSdeG parécenos fundamental impulsar iniciativas que contribúen a mellorar a nosa reciclaxe e tamén para mellorar o noso medio ambiente, aínda que as veces cheguen tarde”, insistiu Carmen Macía.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo