" />

O PSOE de Monterroso pide a cesión da estrada provincial que atravesa o concello para facilitar o seu uso á hostalería

Os socialistas de Monterroso avanzaron que rexistraron a petición da convocatoria dun pleno extraordinario “para demandar ao Goberno Municipal que faga as xestións oportunas diante da Deputación de Lugo, para transferir ao Concello a estrada provincial LU- 3301, dende o KM O ata o KM 1, é dicir a Avda do Marco, dende a Intersección da Avda de Lugo ata a Área Recreativa do Picón, para facilitar aos comerciantes e as entidades a súa dispoñibilidade”.

Rafael García advirte que rexistrou esta petición plenaria o pasado 25 de marzo “pero como podemos comprobar, pasaron os 15 dias legais dende que foi solicitado e unha vez expirado o prazo, queda convocado automaticamente pola secretaria, tal e como marca a normativa para o día 3 de maio ás 12:00 horas.

Polo tanto, estamos ante un novo caso de deixadez e indiferenciada absoluta por parte da Alcaldesa e todo o seu Goberno Municipal, xa que diante dun problema da veciñanza mira cara outro lado, dándolle ás costas aos verdadeiros problemas que sofren os nosos veciños”, replicou.
O Voceiro argumenta na moción socialista que “a Avda do Marco, de titularidade Provincial, denominada LU-3301, arranca en pleno casco urbano dende a intersección coa Avda de Lugo. Actualmente é unha das vías urbanas de Monterroso que condensa moita actividade diaria, xa que na mesma se asentan varios negocios adicados a hostelería, así como algúns outros como pode ser algún establecemento de estética, xestorías, imprenta ou un establecemento téxtil, quedando de manifesto o volume de movemento de persoas que a diario utilizan esta Avda”.

Ademais, nalgunha ocasión “utilizouse incluso por parte do Concello, así como doutros colectivos locais para o desenrolo de diferentes eventos culturais, sociais e deportivos, onde foi preciso o corte da rúa ao tráfico rodado para garantir a seguridade das persoas. Atopándonos sempre con esas dificultades burocráticas que se tiñan que salvar dende o Concello, ao non ter competencia nin autonomía sobre esta vía xa que non é titular da mesma”, expuxo García.

“Estamos diante dunha situación económica moi difícil, onde temos que colaborar dende tódalas administracións para atopar iniciativas e propostas que contribúan a mellorar a actividade comercial nos nosos concellos, sobre todo no sector da hostaleira”. Pero como podemos observar, “dende o concello non existen instrumentos legais para a aplicación da ordenanza reguladora da ocupación da vía pública con mesas, cadeiras e outros elementos móbiles naquelas vías da cal non é titular. E onde os propios hostaleiros teñen que adaptarse a nova realidade que nos marca a pandemia, reorientando a explotación e xestión dos seus negocios facendo uso desas terrazas como unha alternativa de aproveitamento dos aforos permitidos pola lexislación vixente”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo