O PSOE de Vilalba organiza unha xornada aberta sobre urbanismo e accesibilidade

O Partido Socialista de Vilalba organiza unha xornada aberta aos veciños para falar sobre urbanismo e accesibilidade. Terá lugar o vindeiro luns ás 20:00 horas, no Hostal Restaurante Terra Chá. A entrada é totalmente gratuíta.

Esta xornada enmárcase no ciclo de encontros Versión Propia que puxo en marcha a agrupación socialista de Vilalba para falar sobre diferentes temáticas que afectan aos veciños da localidade.

Durante a conferencia intervirán a pedagoga e blogueira vilalbesa, Ana Belén Campos; o Concelleiro de Urbanismo de Lalín, Nicolás González Casares; o Concelleiro de Urbanismo de As Pontes, Antonio Alonso; e o Alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso.

A voceira do PSOE, Elba Veleiro destacou que “para os socialistas un dos compromisos cos veciños é a transformación das vilas e das cidades adaptando o seu urbanismo ás persoas. As vilas do século XXI deben ser uns espazos pensados para os cidadáns, sen barreiras para ningún tipo de colectivo, respectuosas co pasado sen renunciar á modernidade do presente. É un dos retos máis importantes ao que nos enfrontamos no noso Concello, por este motivo, ofrecemos esta xornada para debater e coñecer de primeira man a opinión dos veciños e de expertos na materia para conseguir a Vilalba que queremos”.

“Este encontro será o segundo do ciclo de xornadas que organizamos dende o PSOE de Vilalba para tratar temas de interese para os cidadáns e fomentar a súa participación. No primeiro coloquio, que foi un éxito de asistencia, falamos de igualdade e do papel fundamental das mulleres nas vidas familiares, sobre todo no rural. Agardamos ter a mesma afluencia de xente para este xornada”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com