" />

O PSOE de Vilalba reparte información sobre a praga da pataca

O Grupo Municipal Socialista de Vilalba está a repartir información entre os veciños e veciñas que residen naquelas parroquias do termo municipal afectadas pola praga da pataca, xa que consideran “escasa ou inexistente” a información que se lles está a dar desde os organismos pertinentes “ante unha situación que preocupa moitísimo no noso rural”.

Na folla explicativa enviada polos socialistas respóndese a preguntas que “os cultivadores se están a facer sen unha resposta clara”, polo que “decidimos contribuír desde a oposición para esclarecer esta situación que pon aos cultivadores nun estado de alarma polo perigo que corren as súas plantacións”, afirma o edil socialista Rodrigo Pavón. Interrogantes como os permisos para plantar patacas dependendo da zona, os lugares específicos da denominada “zona tampón”, a compra da semente, o xeito de proceder se unha finca se atopa na zona afectada pola couza, ou a posibilidade de perder os cultivos, conforman algunhas das preguntas sobre as que se ofrece información desde o PSOE de Vilalba.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo