" />

O PSOE de Vilalba solicitará un Pleno extraordinario se o Alcalde nega información á oposición

O PSOE denuncia que o Alcalde de Vilalba é “reincidente” negando á información que solicita o grupo municipal. Os  socialistas levan máis dun mes agardando a que o Concello aporte a documentación requirida no mes de xaneiro sobre as subvencións para a mellora da accesibilidade na biblioteca municipal, o sistema de vídeo vixilancia no polígono industrial, a declaración de Festa de Interese Turístico da Feira do Capón e Feira do Queixo, así como sobre o estudo ordenanza das liñas de alta tensión, o contrato do bar do FIB e unha factura dunha pernoctación nun hotel relacionada co festival de música.

A voceira socialista, Elba Veleiro, censurou que “non recibimos resposta algunha do rexedor, superando o prazo de contestación, 5 días, que recolle a normativa vixente”.

No 2017, os socialistas xa denunciaron polo mesmo motivo ao alcalde da localidade ante o Valedor do Pobo. “Nesa ocasión o señor Baamonde escudouse nun erro administrativo. Esta vez cal vai ser a escusa? Dende o PSOE estamos fartos deste escurantismo que practica continuamente o equipo de goberno, dificultando e poñendo trabas a labor de fiscalización do resto de grupos da corporación. O rexedor popular está traspasando os límites democráticos para esconder a súa nefasta xestión dos recursos públicos durante este mandato”.

A voceira socialista subliñou que “esiximos ao Alcalde que cumpra estritamente coas súas obrigas e facilite a información que lle pedimos, pois do contrario solicitaremos a celebración dun pleno extraordinario”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo