O PSOE denuncia que a EDAR de Burela segue paralizada

A Secretaria Provincial Socialista e candidata as eleccións autonómicas pola provincia de Lugo, Patricia Otero dixo hoxe que “Feijóo falla aos lucenses e ás veciñas e veciños de Burela, tralo anuncio realizado por Augas de Galicia sobre a redacción do proxecto do saneamento de Burela”. Nesa liña lembrou que rexistrou iniciativas no Parlamento de Galicia “para esixir ao Goberno de Feijóo que adxudicara as obras da EDAR de Burela antes de xuño de 2020, garantindo a aplicación dos fondos europeos e evitando a súa perda”, espetou.

“Tras coñecer o anuncio do PP de Feijóo podemos constatar que este proxecto nos últimos anos non avanzou absolutamente nada, segue paralizada, agora faise un simple anuncio nos medios de comunicación previa campaña electoral. E o que é máis grave, cando Augas de Galicia recoñece que existe un problema grave co saneamento das augas no Concello de Burela”, insistiu. A secretaria provincial dixo que “unha vez máis o Goberno do PP está tomando o pelo ás veciñas e veciños de Burela coa construción desta infraestrutura primordial para todo o Concello”. Lembrou que a “Directora de Augas de Galicia explicou na súa comparecencia na Comisión de Orzamentos da Xunta para o 2020, que para este proxecto hai orzamentado 250.001 euros, nunha obra que se prevé que rolde os 6.000.000 de euros”.

Nesa liña Otero advertiu que nos orzamentos da Xunta do 2019 había orzamentados para este mesmo proxecto da Mellora redes de saneamento e nova EDAR de Burela un investimento de 776.087 euros, dos cales non se executou nin un só euro. E nas contas autonómicas do ano 2020 podemos comprobar que esta cifra descende ata os 250.000 euros que hai actualmente asignados.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com