" />

O PSOE denuncia un recorte no Plan de Camiños da Xuntadun 70% na provincia

A Voceira do Grupo Provincial Socialista na Deputación de Lugo avanzou que defenderán unha moción no vindeiro pleno para reclamar que “paren os recortes do Plan marco de melloras de camiños municipais da Xunta”. Nesa liña lembrou a concentración realizada esta mesma semana polos Alcaldes Socialistas da provincia, diante da Xunta, contra estes recortes e ao abandono do PP de Feijóo ao rural lucense.

A deputada provincial explica que “o pasado 10 de febreiro o DOG publicou a resolución do Plan Marco de melloras de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021. Nesa convocatoria, a cantidade consignada para as axudas no conxunto de Galicia é de 11.974.836 euros, dividida a partes iguais en dúas anualidades de 5.987.418 € nos anos 2020 e 2021. Esta cantidade supón unha redución de máis dun 25% con respecto as axudas adicadas a melloras de camiños da convocatorio anterior do 2018, na que a partida orzamentaria era de 15.998.687 euros a repartir en dous anos”.

Así as cousas dende o Grupo Socialista “queremos denunciar unha vez máis este novo caso de recortes que afecta a todos os concellos de Galicia, e dun xeito especial a aqueles que contan cun marcado carácter rural, como sucede coa maioría dos da nosa provincia. Unha política de

recortes que a Xunta ven desenvolvendo dende o ano 2016”, advertiu.

Coas cifras na man “a cantidade anual que perciben os concellos reduciuse nun 70% con respecto ó ano 2016, ó pasar de preto de 20 millóns anuais a so 6 actuais. Desglosando os datos, os concellos lucenses recibiron no ano 2016 5,3 millóns de euros para executar obras de melloras. No seguinte plan marco, esa cantidade pasou ser de 4, 12 millóns a repartir en dous anos, e dicir so 2 millóns de euros ó ano, unha redución do 63%. E no novo plan marco de 2020/2021, esta cantidade redúcese de novo, xa que os 4,12 millóns pasan a ser apenas 3,06. Isto é, os concellos de Lugo pasaron a dispor de 5,3 millóns no ano 2016 a ter so 1, 5 actualmente. A reducían con respecto dos fondos do ano 2016 é do 71.7%”, remarcou.

Por todo o exposto, o Grupo Provincial Socialista quere rexeitar esta política de recortes que afecta, dun xeito especial, os concellos do rural, e que supón unha nova mostra do desinterese do goberno da Xunta para mellorar as condicións de vida dos seus veciños. Sometemos para o seu debate e posterior aprobación en Pleno esta Moción para que a Deputación Provincial de Lugo inste á Xunta de Galicia a: Esixir á Xunta de Galicia, que preside Alberto Núñez Feijóo, que abandone esta política de recortes e manteña as axudas para traballos de mellora na rede de camiños municipais, nun nivel que permita os concellos acometer as obras necesarias para garantir o bo estado desta rede de infraestruturas fundamental para o mundo rural.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    @Donatelo
    Feb 23, 2020 - 11:45 AM

    Siempre habla de mierda el más cagao😂😂😂

    Tenemos Lugo ciudad(PSOE) llena de baches y las carreras de… https://t.co/e3hTFW7RY6

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo