O PSOE elixiu hoxe ás persoas que proporá para conformar a candidatura ao Parlamento galego

Os socialistas lucenses celebraron este sábado o Comité Provincial, no que elixiron a candidatura do PSOE pola Provincia ao Parlamento Galego.  Agora terá que pasar o ditame dos órganos nacionais e, posteriormente, a súa ratificación polos federais.

A  lista está conformada por persoas de toda a provincia, fíxose en cremalleira e igualitaria no xénero, a renovación, segundo os socialistas, é do 90%  cunha media de idade de 40 anos: Estas son as principais características da candidatura, que se presenta  para defender os intereses de todos os veciños da provincia de,  ao tempo que quere acadar o cambio de ciclo político en Galicia.

Esta candidatura é froito das propostas que formularon todas as agrupacións municipais lucenses, cos seus correspondentes militantes, nas asembleas que se celebraron dende o 21 ao 28 de xullo.

Está integrada por 14 socialistas, 7 homes e 7 mulleres, que se intercalan nos postos, acadando unha candidatura paritaria. Representan a todo o territorio lugués, pois son de Concellos de todas as Comarcas, dende Lugo, Lemos, A Mariña, Terra Chá, Chantada, Sarria, Ulloa ou a Montaña.

Os/as socialistas que se escolleron son os/as seguintes:

 1.- Luís Álvarez Martínez (Lugo/Lugo)

2.- Concepción Burgo López (Lugo/Lugo)

3.- José Antonio Quiroga Díaz (Lemos/O Saviñao)

4.- Patricia Otero Rodríguez (A Mariña/Burela)

5.- Rodrigo Pavón Rodríguez (Terra Chá/Vilalba)

6.- Raquel López Rodríguez (Chantada)

7.- Carlos López López (A Montaña/A Fonsagrada)

8.- Cristina Losas Soria (A Mariña/Ribadeo)

9.- Iván Castro Díaz (Sarria/Paradela)

10.- Marina Doutón Rajo (Lemos/Monforte)

11.- Pablo Núñez González (Lugo/Lugo)

12.- Marisol Morandeira Morandeira (Terra Chá/Guitiriz)

13.- Roi Rigueira Agromartín (Ulloa/Taboada)

14.- Carmen Álvarez Álvarez (A Montaña/ Folgoso do Courel)

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com