" />
Praia das Catedráis Praia das Catedráis

O PSOE esixe ao PP que rectifique e inicie as melloras nos accesos viarios a praias da Mariña

O Grupo Provincial Socialista na Deputación de Lugo felicítase pola adxudicación definitiva na Xunta de Goberno deste venres das obras que o Goberno progresista deixou en fase de contratación e coa súa consignación orzamentaria correspondente para mellorar os accesos viarios ás praias de Xilloi, no Vicedo, e de Altar-Reinante-Os Castros, en Barreiros. O PSOE agarda agora “que o PP rectifique, unha vez máis, e faga o mesmo cos traballos de 170.000 euros en estradas provinciais de Viveiro, Ribadeo e Foz que tamén fan de acceso a areais da Mariña, que o Executivo de Gómez Besteiro deixou listos para a súa execución e que o Goberno de Candia decidiu paralizar nada máis chegar á Deputación sen explicación algunha”.

Segundo explican dende o PSOE, o anterior goberno aprobou na Xunta de Goberno Provincial do 15 de maio un plan de obras para mellorar accesos viarios provinciais a praias de toda a Comarca da Mariña dotado de 401.216 euros do Presuposto Participativo deste ano, respondendo, deste xeito, ás peticións veciñais.

“O executivo anterior acordaba mellorar o firme con aglomerado en quente, reforzar a sinalización e limpar cunetas nun total de 6,57 quilómetros de 6 vías provinciais que fan de acceso a outros 6 areais en Barreiros, Foz, Ribadeo, O Vicedo e Viveiro”.

“Aprobadas estas actuacións, polo tanto, co visto e prace do Servizo de Intervención e o orzamento necesario para a súa execución; as obras xa estaban en fase de contratación. Pero o Executivo popular de Candia paralizou obras de 170.000 euros, concretamente, as das melloras aos accesos ás praias dos Castros, en Ribadeo; Llas, en Foz; e Abrela, no Vicedo, aínda que neste caso a estrada é de Viveiro, polo que a decisión arbitraria do PP afecta a este Concello”.

A Xunta de Goberno do 15 de maio aprobou o seguinte plan de obras:

– LU-P-0610, que dá acceso ás praias de Altar, Reinante e Os Castros, no Concello de Barreiros, no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 4,450 e 7,450. O orzamento é de 142.321 euros e foi aprobada hoxe en Xunta de Goberno.

– LU-P-2011, de acceso á praia de Llas dende Marzán, no Concello de Foz, cunha inversión de 39.098 euros para a mellora do treito entre os puntos quilométricos 0,178 e 0,464. Segundo os socialistas, esta actuación quedou suspendida.

– LU-P-5206 e LU-P-5208, que supoñen dous accesos diferentes á praia dos Castros, en Ribadeo. No caso da primeira delas, actuarase entre os p.k. 0,206 e 0,906; no caso da segunda, do p.k. 0,000 ao 0,655. Son en total 1,55 quilómetros en cuxa mellora investiranse 68.804 euros. O PSOE critica que esta actuación non se leve finalmente a cabo.

– LU-P-6405, que dá acceso á praia de Xilloi, no Concello do Vicedo, entre os puntos quilométricos 2,070 e 3,440, ao que hai que engadir o propio ramal de acceso á praia, sumando uns 1,5 quilómetros. O importe da mellora neste caso é de 90.942 euros. Aprobada hoxe en Xunta de Goberno.

– LU-P-6412, que une Viveiro coa praia de Abrela no Vicedo. O tramo obxecto de actuación é o comprendido entre os puntos quilométricos 0,150 e 1,175, no Concello de Viveiro, cun orzamento de 60.048 euros. Deste xeito, completábase a mellora total da vía, posto que no tramo do Vicedo xa se actuara no seu momento. Os socialistas afirman que esta actuación tamén foi suspendida polo actual goberno provincial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo