" />

O PSOE instará á Xunta a manter en funcionamento o CEIP de Baamonde

O Deputado Autonómico e Voceiro do PsdeG no Parlamento de Galicia, Luís Álvarez avanzou hoxe que rexistrou diversas iniciativas na Cámara Autonómica coas que insta o Goberno galego “a manter en funcionamento o CEIP de Baamonde, desbotando calquera posibilidade de desafectar o centro, dado que o número actual de alumnos se sitúa seis veces por enriba do criterio establecido para pechar un centro educativo na Comunidade Autónoma de Galicia”.

O Deputado explica na súa proposta que “na actualidade o Concello de Begonte conta con dous colexios públicos o CEIP Virxe do Corpiño, situado en Begonte e que ten 65 alumnos, e o CEIP de Baamonde que conta con 30. Pero o Alcalde deste concello pretende pechar o CEIP de Baamonde, trasladando ao alumnado ao CEIP Virxe do Corpiño, coa finalidade de convertelo nun Conservatorio Profesional de Música que dependería da Administración autonómica, actuación que aseguraba que tiña o apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria”.

Álvarez lembra que o Rexedor “aseguraba que tiña o compromiso da Consellería de acometer actuacións en ambos centros por valor de 900.000 €, para melloras no caso do CEIP Virxe do Corpiño e as reformas necesarias no CEIP de Baamonde para a súa transformación en conservatorio”.

Así as cousas sinala que o pasado 27 de xaneiro realizou unha pregunta sobre este asunto no Parlamento de Galicia “á que respondeu o Conselleiro de Educación e recoñeceu que ningún dos compromisos existía, nin a posta en funcionamento en Baamonde dun conservatorio profesional que dependa da Socialistas na Provincia de Lugo Consellería. Nin tampouco o compromiso de investir cantidade algunha (nin 900.000 € nin outra) nos centros do concello de Begonte”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo