O PSOE presenta no Congeso enmendas aos presupostos do Estado a favor de Lugo

Os socialistas lucenses no Congreso, Margarita Pérez Herraiz e Ricardo Varela, presentaron enmendas aos orzamentos xeráis do Estado 2017 para a provincia de Lugo por un valor de 22,6 millóns de euros.

Ademáis, reclaman 10 millóns de euros para apoiar a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial da Humanidade, 10 millóns de euros para un Plan Demográfico para as provincias de Lugo e Ourense e 2’5 millones para un Plan da Castaña también para Lugo e Ourense.

Os socialistas pretenden corrixir “unhas contas para Lugo que, xunto coas do ano pasado, son as máis baixas dos últimos dez anos”. Señalan que “estos orzamentos condenan de novo a Lugo a quedar fóra do mapa da alta velocidade, non atenden ás necesidades dos sectores productivos da provincia e empobrecen aínda máis aos pensionistas”.

Por elo, coas súas enmendas piden, entre outras cuestións, incrementar as partidas orzamentarias en 4 millóns de euros para o AVE Lugo-Ourense, con 2,5 millóns para a estación intermodal, 1 millón de euros para a supresión de pasos a nivel na provincia, 2 millóns para a A-54 entre Melide e Palas de Rei, 1’5 millóns para a A-74 entre Barreiros e San Ciprian, 2 millóns para o intercomunicador entre a A-54 e a N-540 en Guntín, 2 millóns para a A-56 en San Martiño-A Barela, 1 millón para o ensanche e mellora da N-120 A Castro de Ferreira de Pantón -Monforte, 300.000 euros para actuacións de seguridade vial na N-540, e 300.000 euros para a Ponte de Aceña Nova.

Asimismo, solicitan 1 millón de euros para o desarrollo rural na provincia (Plan CRECE), 300.000 euros para a rexeneración da ría de Foz, 300.000 euros para a nova comisaría de Monforte, 300.000 euros para o cuartel de Vilalba e 200.000 euros para a traída de auga de Fonsagrada.

Para paliar “o ataque das contas do Estado ao Estado do Benestar e as deficienzas para atender a recuperación económica de sectores productivos principais”, os socialistas reclaman ademáis coas súas enmendas a subida do 1,5% das pensións, que se cumpla a Lei de Dependencia e con financiación suficiente aportando a Administración Central o 50% do coste, 25 millóns de euros de axudas ás explotacións lácteas e un Plan Lácteo que impida a venda a pérdidas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com