" />

‘O que arde’ compite polo Goya á Mellor Película

O éxito do último traballo de Oliver Laxe é xa indiscutible. O que arde non só triunfou nas billeteiras converténdose na película galega máis vista da historia, e a segunda película máis taquilleira do ano entre as que se estrearon en menos de 50 cine, senon que agora acábase de converter na primeira película galega que opta ao galardón do Goya á Mellor Película. 

Este xornal, púxose onte en contacto co director que afirmou estar “moi ilusionado” con que esta cinta chegara ata os Goya, sen dúbida unha boa nova, non só para Laxe e para a provincia de Lugo, senón para todo o cine independente que sae das pequenas salas para achegarse ao gran público.

Ademáis da nominación á mellor película, O que arde conta con outras tres nominacións: Mellor Dirección (Oliver Laxe), Mellor Dirección de Fotografía (Mauro Herce) e Mellor Actriz Revelación (Benedicta Sánchez).

En Lugo, aínda se pode gozar deste filme nos Codex Cinema, nos que conseguiron encher as dúas salas das que dispoñen en varias xornadas consecutivas, acadando vender un total en torno ás 7000 localidades.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo