“O que Arde” de Oliver Laxe gran triunfadora dos Mestre Mateo

A película de Oliver Laxe “ O que Arde”, foi a gran vencedora da XVIII edición dos Premios Mestre Mateo celebrada onte. Ademais de mellor película e mellor director, o filme alzouse tamén cos de: mellor dirección de fotografía, mellor montaxe, mellor son, mellor dirección de fotografía e mellor dirección de arte.

Pero a cousa non rematou aquí para o cinema lugués, se non que outras obras audiovisuais de creadores da nosa provincia, tamén acadaron premios. Así, dúas obras dos irmáns Coira: Hierro con catro galardóns: mellor serie de televisión, mellor dirección, mellor música orixinal e mellor guión e “Eroski Paraíso”, con dous mellor interpretación feminina protagonista e mellor interpretación masculina protagonista tamén se viñeron cara Lugo.

E a festa seguiu con dous premios máis: desta volta para o mellor programa de televisión e mellor realización por “Segredos. Desmontando Galicia” de Marcos Barrios Carreira

Pero faltaba o ramo e este puxérono David Fidalgo, María Vázquez e Xaime Miranda. O primeiro, pola mellor curtametraxe de animación: Homomaquia. Vázquez mellor interpretación feminina de reparto por “Quen a ferro mata” e o mellor videoclip para  “Esquimales” de Miranda.

Noite apoteótica para o cinema e o audiovisual lugués que segue a marcar a pauta dentro do país. Como curiosidade do que esta a pasar en Lugo, pódese citar o que aconteceu este pasado ano en Códex Cinema, nos que durante o Nadal e reis había na carteleira destes cinemas cinco filmes doutros tantos lugueses: O que Arde de Laxe; Eroski Paraíso dos Coira, Intemperie, protagonizada por Tosar; Longa Noite de Enciso; e Homomaquia de Fidalgo. Todo un fito, que non debería pasar inadvertido para os responsables das políticas culturais de Lugo e provincia.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com