" />

O rol da muller na literatura oral, eixo da XI Xornada de Literatura da AELG

Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organiza a undécima edición da xornada de Literatura Oral, que se desenvolverá o sábado 27 de outubro no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo, coordinadas por Antonio Reigosa, vogal de Literatura de Tradición Oral da AELG, e Lois Pérez, vogal por Lugo. A entrada é libre até completar aforo.

A Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo segue mantendo co seu apoio a celebración da Xornada.

Esa metade da humanidade que corresponde ao xénero feminino soe aparecer nos documentos de todo tipo subordinada ao masculino; por tanto, subordinada ao poder político e relixioso, sen ou con escasa liberdade de decisión ou de acción, confinada a funcións subalternas que se reflicten en todas as formas  de transmisión de valores e de coñecementos. Tamén os diferentes xéneros da literatura de tradición oral proxectan ese papel secundario da muller, esa imaxe de ser dependente cando non reprobábel se non se comporta consonte o canon imperante.

“Para recuperar, pero sobre todo para actualizar ese saber herdado, nesta undécima edición da Xornada de Literatura de Tradición Oral tentamos, cos coñecementos e investigacións de recoñecidas especialistas na materia, propoñer unha reflexión crítica ao conxunto da sociedade sobre o rol tradicional da muller na nosa cultura popular”.

As relatoras que formarán esta xornada son Mª Camiño Noia Campos, catedrática de Literatura Galega na Universidade de Vigo e agora é catedrática emérita, asemade conta cun gran número de libros e artigos como a Nova Narrativa Galega, a poesía de mulleres e de Cunqueiro, a narrativa de Casares, etc. E no tema da literatura oral, que é o que nos convoca, leva anos dedicada á clasificación do conto galego de tradición oral. E neste ámbito, ten publicado os seguintes libros.

Estefanía A. Lodeiro Paz. Avogada do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, experta en Dereito de Familia e Sucesións pola Facultade de Dereito de Santiago de Compostela e Máster en Malos Tratos e Violencia de Xénero da Universidade Nacional de Educación a Distancia. Colaboradora da Academia Galega de Seguridade Pública e do SERGAS, onde impartiu formación sobre protocolos de actuación nos casos de violencia contra as mulleres. Actualmente desenvolve a súa actividade como avogada no Centro de Información ás Mulleres do Concello de Teo (A Coruña).

Anxos Sumai naceu na aldea de Oeste, en Catoira, en 1960. Estudou a carreira de Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela e especializouse en Biblioteconomía, Arquivística e Documentación. Dende 1985 traballa como bibliotecaria e documentalista, desenvolvendo a súa actividade na Biblioteca Nodal e no Museo Provincial de Pontevedra. Actualmente coordina a Área de Documentación do Consello da Cultura Galega.
Faia Díaz Novo (Santiago de Compostela, 1988), cantante e licenciada en Historia da Arte pola USC. Foi bolseira na Habana, Perugia e Barcelona onde cursou estudos de etnomusicoloxía, cine e crítica artística. Realizou un curso de Dixitalización do Patrimonio Artístico pola UNED e un Mestrado en Xestión do Patrimonio Arquitectónico, Museos e consumo de Arte, pola USC.  Como cantante, é fundadora e integrante do grupo musical De Vacas dende o ano 2015, e do Coro Encaixe.
Alba María. Cantora, produtora, compositora e improvisadora oral galega. Con 18 anos gaña o I Certame de Canción de Autor do Concello de Teo, a raíz do cal ve a luz o seu primeiro disco: Aínda (2014). Desde os 13 anos mergúllase no mundo da música popular galega, desenvolvendo unha intensa actividade, eminentemente no eido da regueifa, con mestres improvisadores como Pinto de Herbón, Luís O Caruncho ou o decimeiro cubano Alexis Díaz-Pimienta.
Lupe Blanco. Unha das últimas incorporacións ao mundo da regueifa, é bisneta do gran Blanco de Muiñoseco. Tamén é pandeireteira e ten unha toada moi característica ao vello xeito de Bergantiños. En 2017, alén de numerosas actuacións e obradoiros, debutou no escenario de Valadares no último Certame celebrado en decembro dese ano.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo