O servizo de bus do San Froilán contará con “paradas a demanda”

Durante o San Froilán, o servizo de bus urbano contará con “paradas a demanda” co obxectivo de mellorar a seguridade das usuarias que vaian soas. A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, indicou que “esta é unha medida solicitada por colectivos feministas e cremos que axudará a que as mulleres poidamos movernos máis seguras durante as festas”.

Ferreiro indicou que “durante as festas, entre paradas, poderán baixar mulleres que se sintan acosadas ou crean que existe algún perigo para a súa persoa, para deixalas preto das súas casas sen que iso signifique un desvío da ruta”.

A iniciativa pretende contribuír a acadar un San Froilán libre de machismo no que se pide non invadir o espazo de ninguén sen o seu consentimento, lembrando que o alcohol non xustifica as condutas de abuso e que os piropos e os chistes homófobos, misóxinos, tránsfobos e lesbófos son intolerantes e, tamén, contra comentarios e tocamentos nin calquera outro comportamento machista.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Lucia Barcelos
    Set 16, 2019 - 09:33 PM

    Moito ollo….van tras elas

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo