O SLG pide a intervención da Xunta diante das comisións abusivas de Abanca

O Sindicato Labrego Galego reclama a devolución das comisións abusivas de mantemento cobradas por Abanca á súa clientela, que subiron sen previo aviso a 50 € por semestre durante o confinamento, o que supón 100 euros anuais. Este incremento é desproporcionado, pois non responde a máis servizo que manter unha conta aberta; e inxustificable, pois a entidade bancaria tivo uns beneficios de 405 millóns de euros en 2019, polo que non lle vai nada mal como para facer estes cobros.

Como organización agraria, dende o SLG temos que sinalar que estas comisións abusivas teñen unha repercusión moito máis grande no rural debido á ampla presenza no noso territorio das sucursais das antigas caixas galegas: Con máis de 500 oficinas, Abanca está presente en 274 concellos e é a única entidade financeira con sucursal en 121. Para o SLG, Abanca estase aproveitando da súa presenza privilexiada na Galiza, pois sabe que as familias destes 121 concellos rurais afectadas polas comisións abusivas non marcharán porque non poden elixir outra alternativa.

Dende o Sindicato Labrego Galego, máis alá da súa faceta como negocio, consideramos que as finanzas tamén son un servizo necesario que, máis alá da súa rendibilidade, debe ser accesible a toda a poboación, incluídas as persoas que vivimos no rural.

Dende este punto de vista, e diante do fracaso en que rematou a venda de Novagalicia Banco, xurdida da fusión das antigas caixas galegas, a Xunta de Galicia debería intervir para esixir que Abanca devolva unhas comisións que, aínda que legais, son abusivas a todas luces. Resulta intolerable que unha entidade bancaria que sobreviviu grazas a fortes inxeccións de diñeiro público -30.000 millóns de euros segundo algunhas fontes- e que foi adquirida a un prezo de saldo de 1.003 millóns, aproveite agora a súa posición de monopolio en 121 concellos rurais para abusar da súa clientela sen que a Xunta mova un dedo ou pronuncie unha soa palabra para evitalo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com