" />

O SLG pide a retirada dunha campaña promocional que regala Leite Río

O Sindicato Labrego Galego critica a campaña promocional coa que hoxe, un coñecido xornal agasallará aos seus lectores e lectoras con 1 litro de leite Río Natura gratis.

Dende o Sindicato sinalan que “unha vez máis, utilízase o leite coma produto reclamo, xusto nun momento do máis delicado para as explotacións do sector, que veñen acumulando máis dun ano de constantes baixadas no valor do produto e que, no meirande, están a cobrar prezos por baixo dos 30 céntimos que non chegan nin para cubrir os custes de produción da súa actividade profesional”.

“Regalar o leite, ou vendelo a prezos irrisorios para atraer clientela, sempre se fai a costa do elo máis feble da cadea comercial, neste caso o das granxas produtoras, que dun xeito ou outro acaban encaixando este tipo de prácticas promocionais asumindo prezos artificialmente baixos impostos polas industrias. Ademais, este tipo de prácticas banalizan o valor do produto diante de consumidores e consumidoras, que o acaban considerando un artigo barato que se debe adquirir só a estes prezos drasticamente rebaixados. No caso que nos ocupa, agasallar con leite gratis vai máis alá e despoxa a este alimento de calquera valor de mercado que puidera ter”.

Afirman asemade, que esta campaña podería estar a violar a Lei da Cadea Alimentaria, “que castiga a venda a perdas de alimentos coma o leite con prácticas promocionais como a devandita, delito que hoxe en día é perseguido pola Axencia de Información e Control Alimentario”, conclúen.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo