" />

O transporte metropolitano na área de Lugo aumentou nun 6,49% os seus usuarios no 2019

O Plan de transporte metropolitano de Galicia permitiu bonificar no ano 2019 124.427 viaxes na área de Lugo e rexistra un 6,49% máis de usuarios que no ano anterior.

O transporte metropolitano nesta área acada 6.684 tarxetas TMG activas.

En canto aos núcleos de poboación que rexistran máis dispositivos con viaxes bonificadas, o Concello de Lugo sitúase en primeiro lugar, con máis de 5.100 tarxetas de transporte metropolitano.

Tarxeta Xente Nova

Cómpre salientar tamén os 20.839 percorridos realizados polos usuarios das 1.059 tarxetas Xente Nova activas, que permitiron aos menores de 19 anos viaxar de xeito gratuíto nos autobuses metropolitanos.

Os mozos que máis viaxes gratuítas realizaron coa tarxeta Xente Nova proceden do municipio de Lugo, con 660 dispositivos.

A Xunta ampliou este mes ata os 21 anos o límite de idade dos beneficiarios da gratuidade do autobús interurbano, que se estenderá a toda a comunidade para fomentar o uso do transporte público e axudar á economía das familias.

Plan social de transporte

O Plan de Transporte Metropolitano é un programa social impulsado pola Xunta que persegue fomentar o uso do transporte publico colectivo ao tempo que axuda, de xeito importante, á economía das familias.

Este plan, que mediante o uso da Tarxeta de Transporte Metropolitano permite importantes descontos, achegando a Xunta de Galicia o 80% do financiamento desas bonificacións no prezo do billete e o conxunto dos concellos o 20% restante.

Bonificacións e incentivos

Cos novos contratos do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia as vantaxes do transporte metropolitano se estenderá a toda a provincia, con descontos medios do 50% nas viaxes ou bonificacións adicionais do 15% para usuarios recorrentes e aínda máis se se trata de familias numerosas.

A Xunta, a través do novo plan, activa tamén nos novos contratos bonos mensuais de 50 viaxes e que supoñen rebaixas de ata o 50% no prezo do billete. Neste sentido, existe, polo tanto, un amplo abano de descontos e bonificacións no transporte público

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo