" />

O Verruga celebra por derradeira vez as xornadas dos Callos de Dona Emilia

Antes do peche do Verruga que terá lugar o 11 de decembro, por xubilación da súa propietaria, e atendendo á petición de clientes e amigos, que solicitaron que antes do peche do establecemento se recuperaran as xornadas dos “Callos de Dona Emilia”, e sendo esta unha receita que fai honra á fundadora da casa, o restaurante Verruga vai celebrar estas xornadas dende os días 18 ao 29 de novembro. Esta será a última ocasión de probar unha das receitas que, hai case 65 anos, fixeron famoso ao Verruga.

Como en outras ocasións, haberá catro especialidades: callos á madrileña, callos con garavanzos, callos con fabas e callos con tortilla. Tamén hai un menú de degustación en que se poden probar tres das catro especialidades.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo