Backpack with schoolbooks and notebooks. Education concept image. Selective focus

O vindeiro mércores 23 dará comezo de xeito gradual o curso 2020/21 para estudantes da ESO e Bacharelato

O curso 2020/2021 dará comezo o vindeiro 23 de setembro, de xeito gradual por mor da pandemia da covid-19,  para os estudantes de educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato e ensinanzas de réxime especial (ensinanzas para adultos, artísticas e deportivas). Cómpre lembrar que as cifras de matriculación son moi similares as do curso 2019/2020 e non serán definitivas ata dentro dunhas semanas, dado que aínda nos últimos días se realizaron exames de recuperación en secundaria.

A Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a Orde pola que se ditan instrucións sobre o comezo do curso académico 2020/2021, a través das que se dota de seguridade xurídica ás últimas decisións tomadas neste eido, principalmente o adiamento do
inicio do curso en Secundaria, a nova distancia xeral de seguridade de 1,5 metros e a opción da semipresencialidade. Cómpre lembrar que todas estas medidas foron acordadas tras a reunión conxunta da Conferencia Sectorial de Educación e do Consejo Interritorial del
Sistema Nacional de Salud (o pasado 27 de agosto), da reunión do Consello Escolar de Galicia (o 9 de setembro) e do encontro coa Xunta Autonómica de Directores, os representantes dos centros de Secundaria e os xefes da Inspección educativa nas catro provincias (o pasado 11 de setembro).

Calendario
No que atinxe ás datas concretas do regreso gradual ás aulas, o 23 de setembro volverán os alumnos de 1º e 2º de ESO e os de 1º de Bacharelato, 1º de FP de grao medio e 1º de FP de grao superior e as ensinanzas básicas de educación para persoas adultas polas
modalidades presencial e a distancia. O día 24 de setembro farano os de 3º de ESO, de 2º de Bacharelato, 2º de FP de grao medio e 2º de FP de grao superior. Finalmente, o día 25 incorporarase o alumnado de 4º de ESO, e todos os cursos de FP Básica.

No caso das ensinanzas de réxime especial, o alumnado das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño e das deportivas incorporarase nas mesmas datas establecidas para os estudantes de FP. O alumnado das demais ensinanzas de réxime especial
incorporarase a partir do 23 de setembro de acordo cos calendarios de organización e funcionamento dos centros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com