O Xacobeo discrimina a salas de música galegas

O Xacobeo ven de sacar unha convocatoria para axudar ás salas de música galegas, por mor da Covid-19, nas que esta entidade patrocinará a programación dunha serie de concertos en cada sala, para minorar as perdas destes contedores culturais que desenvolven unha programación estable durante todo o ano. Estas salas de música son fundamentais para que os grupos e artistas podan realizar xiras e concertos en directo e estar en contacto co seu público.

Ata aí todo normal, o problema ven cando un lee as bases da convocatoria, as bases discriminan a unha serie de salas por non ter programados un número determinado de concertos. Responsables de salas contactados por este xornal, denuncian o trato desigual con eles e denuncian “e que nos non perdemos de ingresos como os demais?” Ademais de cuestionar a legalidade destas bases, apuntan a que, mesmo, se podería estar cometendo prevaricación.

Os responsables destas salas piden ao Xacobeo que rectifique e inclúa a todas as salas, xa que doutro modo terán que facer valer os seus dereitos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com