" />

Obras na rúa Vía Láctea

Durante os pasados días, dende a Concellería de Infraestruturas levouse a cabo o acondicionamento da rúa Vía Láctea. As obras consisten na aplicación dunha capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente. Unha vez rematada esta actuación, procederase a adaptar a altura das tapas de rexistro e a pintarse a sinalización horizontal.

Segundo indicou Alexandre Penas, concelleiro de Infraestruturas Urbanas, “trátase dunha actuación moi necesaria debido ao estado desta vía, que se foi deteriorando nos últimos anos”.

Travesía Virxe da Esperanza

Alexandre Penas indicou que o persoal técnico da concellería de Infraestruturas Urbanas realizou, durante as pasadas semanas, a toma de datos da travesía Virxe da Esperanza, que une o barrio de Montirón co Paseo do Rato. Segundo informou Alexandre Penas, “o persoal municipal está xa a elaborar o proxecto para poder solucionar canto antes unha necesidade da veciñanza da contorna”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo