" />

Olalla Rodil: “Co BNG gobernando a Xunta, haberá unha solución efectiva para as pallozas do Piornedo”

A deputada do BNG no parlamento de Galicia, Olalla Rodil, mantivo un encontro coa veciñanza do Piornedo para coñecer de primeira man o estado deste enclave dos Ancares. “O goberno do Partido Popular retirou as axudas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo ofertaba para o mantemento e rehabilitación das construcións tradicionais, neste caso, as pallozas”, declarou Olalla Rodil.

“Cun goberno do BNG non habería dúbida á hora de dar unha solución á situación pola que están a pasar as pallozas do Piornedo”, afirmou Olalla Rodil, que engadiu “a partir do 5 de abril, dende o BNG traballaremos para dar solución ao estado de abandono ao que o goberno Popular levou ao rural galego”.

Olalla Rodil lembrou que “dende o BNG xa presentamos, en múltiples ocasións propostas para apoiar o mantemento e rehabilitación destas estruturas”. A parlamentaria do BNG sentenciou “sabemos que é un mantemento custoso, pero as institucións públicas deben preocuparse por manter en bo estado unha importante peza do nosos patrimonio, que xa foi declarado Ben de Interese Cultural”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Germán Bouso
    Feb 20, 2020 - 07:22 PM

    Que @obloque teña sorte. Pero agardemos que a solución non sexa como a do #TermalismodeHacendado que… https://t.co/AdYRs5pixH

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo