" />

Olalla Rodil: “Os recortes do Partido Popular precarizaron a situación do ensino no País”

A candidata do BNG, Olalla Rodil, visitou no día de hoxe Becerreá, “un perfecto exemplo da realidade demográfica do interior e da montaña de Lugo”. Na visita, a candidata do BNG estivo acompañada por militantes do BNG da comarca. Olalla Rodil afirmou que “puidemos comprobar as consecuencias dos recortes que o PP leva 11 anos aplicando no ensino”. “O ensino na Galiza está nunha situación precaria debido ás políticas do Partido Popular”, declarou a candidata do BNG.

Segundo Olalla Rodil, “para o BNG é urxente recuperar o horario lectivo previo á reforma educativa do PP no 2012 para gañar en dereitos  do profesorado do ensino público para garantir que sexa de calidade”. A situación do ensino en moitos centros educativos vese deteriorada pola amortización de prazas, “o investimento máis urxente e preciso é en profesionais do ensino, que son o eslavón necesario para que o estudantado poida saír adiante nos centros do rural”.

“Pensando no rural e nas comarcas do interior do País, precisamos adaptar a oferta educativa, especialmente na Formación Profesional”, indicou Olalla Rodil, que engadiu,  “a oferta educativa debe adaptarse á realidade social, demográfica e económica das nosas comarcas”. “Só así poderemos garantir a fixación de poboación e a reactivación económica das nosas comarcas, para poder garantir o futuro”, sentenciou Olalla Rodil

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo