Olga Iglesias proclamada Presidenta da AMCS en Santo Domingo de la Calzada

Olga Iglesias, alcaldesa de Triacastela foi proclamada nova presidenta da AMCS durante a asemblea que a Asociación de Municipios do Camiño de Santiago (AMCS) celebrou en Santo Domingo de la Calzada a súa XI Asemblea Xeral, coa participación de alcaldes e representantes municipais das comunidades autónomas polas que pasa o Camiño Francés: Aragón, Navarra, A Rioxa, Castela e León e Galicia.

Durante o encontro realizouse un balance do traballo desenvolvido no último ano e definíronse as principais liñas de actuación para o período 2026-2027, marcado pola preparación do Ano Santo Xacobeo 2027.

Iglesias destacou a importancia de reforzar a cooperación entre municipios e continuar impulsando o Camiño de Santiago como elemento clave de desenvolvemento territorial, cultural e patrimonial.

Na asemblea tamén se revisaron diversos proxectos europeos e iniciativas culturais impulsadas pola asociación. Entre eles destacan ULTREIA SUDOE, centrado na valorización dos recursos culturais e naturais do Camiño; POCTEFA: Volver ao Camiño, orientado á recuperación da histórica Vía de Arles; e Huellas y Estrellas, que promove o Camiño Francés como Patrimonio Mundial e motor de revitalización rural.

A entidade continúa ademais apostando pola cooperación internacional e pola implicación da mocidade a través de programas de voluntariado e sensibilización patrimonial vinculados ao Camiño de Santiago.

A xornada serviu tamén para despedir a Carlos Serrano como presidente da AMCS tras dous anos á fronte da asociación. Serrano agradeceu o apoio recibido durante o seu mandato e mostrou a súa disposición a seguir colaborando na defensa e promoción da ruta xacobea

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com