Ónega

Ónega e máis eu eramos do 47. En Pol como en Vilalba o párroco emitía os certificados de boa conduta espiritual, e o Alcalde e xefe local do Movimento de afección ao réximen, e sen eles non eras ninguén. O único local que os rapaces tiñamos para o lecer era o do Frente de Juventudes, da O.J.E.  Eu, para ser mestre, tiven que ser Instrutor do Frente de Juventudes, como as rapazas tiñan que facer o Servizo social na Sección Feminina do Movemento. Se naqueles anos había alguén de esquerdas, non era o momento de manifestalo.

Esto ven a conto porque o B.N.G. de Lugo ten que estudar se vota a Fernando como Fillo Adoptivo de Lugo porque durante o Franquismo traballou en medios do Réxime, cuestión da que pasan PP e PSOE que queren facer xustiza ao xornalista que saíu de Lugo para ser universal.
Ónega puido loitar na clandestinidade antes de que Franco ao morrer dese paso á liberdade, pero naquela España dos medios amordazados, as radios non podían dar máis ca información local cribada, e os xornais facían malabares para ir publicando temas que nos fosen abrindo os ollos.

Ónega traballou na prensa posible ata a morte de Franco, pero foi a man dereita de Adolfo Suárez, que trouxo a democracia, e falaba con palabras de Fernando. E o  xornalista tivo gloriosa traxectoria en medios libres – Ser, Cope, Onda Cero, Ya, Tele5, Antena 3… – e foi o comentarista libre máis seguido deste país.

Negarlle a Ónega o lucensismo de adopción, só pode explicarse por non ter vivido aqueles anos nos que nos obrigaron a crer que ter un Xeneralísimo dirixindo os nosos destinos éra a máis orixinal e segura forma de vivir nunha “Unidade de Destino no Universal”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com