" />

Orgulloso de ser de Lugo, a campaña socialista que reforza a identidade territorial

O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos e a Alcaldesa do municipio e Presidenta local do partido, Lara Méndez López presentaron onte na capital a campaña Orgullos@s de ser de Lugo. Unha iniciativa posta en marcha polo PSOE nas redes sociais e nas rúas para pór en valor “todos os factores que unen aos lucenses”. Os socialistas destacaron que é unha campaña coa que se pretende destacar a pertenza a un territorio por riba das siglas ou das ideoloxías.

No día de onte, os socialistas repartiron obsequios, a todas as persoas que se sacaban unha fotografía no photocall situado na praza da soidade, co lema da campaña, como camisetas, moedeiros, bolsas, paraugas…

“Estamos orgullosos de ser de Lugo, da cidade, do rural, da Montaña, da Ribeira Sacra, da Terra Chá, da Mariña, da Ulloa, en definitiva, dunha provincia de contrastes que é marabillosa e que é moi rica. Queremos difundir o que a xente sinte pola súa provincia e que se enchan as rúas do orgullo de ser de Lugo”, subliñaron.

Para participar na campaña, as persoas interesadas deberán publicar un vídeo, unha foto ou un texto en Instagram co hashtag #OrgullosodeSerdeLugo. Hai dispoñible máis información e un vídeo tutorial de como
participar en www.orgullosadeserdelugo.gal e www.orgullosodeserdelugo.gal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo