" />

Orozco I, “o defensor”

O alcalde de Lugo López Orozco, seica está moi preocupado polo xefe da oposición, o Sr. Castiñeira, e tal é a preocupación, que non dubidou en saír na súa defensa diante do agravio que, segundo o alcalde, lle inflixiu o Presidente do PPdeG, o Sr. Feijoo (léase Feixóo), nunhas declaracións feitas esta pasada fin de semana.

E parécenos ben, porque un alcalde debe estar sempre presto a defender a calquera veciño, e se ese veciño é un que te pode mandar da poltrona para casa, pois aínda é moito máis loable tal altura de miras.

E xa posto, o noso alcalde debería saír tamén na defensa da súa compañeira de partido e candidata do PSdeG á alcaldía da Coruña, Mar Barcón, e do Secretario Xeral do PSOE Pedro Sánchez, logo da desautorización e menosprezo que un “tal Vázquez”, ex alcalde da Coruña, lles fixo onte a ambos os dous nun programa de TV.

De seguro que os dous habíanllo agradecer, e non como o Sr Castiñeira que aínda tivo máis que dicir.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo