Os 100 km a Compostela, centran parte da presentación de Lugo en Fitur

O Concello de Lugo presentou esta mañá na Feira Internacional de Turismo (Fitur) a súa nova campaña promocional de turismo. Así, a edil titular da área municipal de cultura, presentou Lugo Km 100 co obxectivo de “continuar a ensinarlle ao resto do mundo o que fai especial a Lugo e convidar a todo o mundo a descubrilo con nós”.

A concelleira de Turismo afirmou na presentación que “os datos están xa a demostrar que esta campaña está dando os seus froitos, e Lugo estase a posicionar como un punto importante no turismo tanto polo patrimonio co que contamos como pola proximidade co resto de Galicia”.

A campaña Lugo Km 100 foi presentada na edición 2020 de Fitur, como unha aposta para poñer en valor a cidade de Lugo e o seu patrimonio histórico e cultural. A campaña está acompañada de diversas accións realizadas polas distintas áreas da Tenencia de Alcaldía para promocionar Lugo como punto de partida do Camiño Primitivo cumprindo cos 100 Km mínimos que se requiren para obter a Compostela.

A presentación do Concello de Lugo en Fitur continuou coas intervencións do concelleiro de Xuventude e Deportes e da Alcaldesa de Lugo e unha proxección sobre o Arde Lucus.

Durante o 2021, entre as actuacións realizadas destaca a colocación das letras Lugo Km 100 na entrada a Lugo polo camiño primitivo, “unha acción que mellorou a imaxe da entrada a Lugo e está a funcionar como elemento de promoción turística a nivel internacional, especialmente destacable no ano Xacobeo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com