Os 121 positivos na Mariña sitúan á provincia nos 151 casos confirmados de Covid19

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización feita na noite de onte, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 256, deles 151 pertencen á area de Lugo.

Do total de pacientes positivos en toda a comunidade, 7 están en unidades de hospitalización e 249 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.817 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

A Consellería de Sanidade informaba tamén que, segundo as probas realizadas ata esta mañá, confírmanse outros 3 casos positivos de persoas afectadas por covid-19 no brote de A Mariña, o que elevaría a 131 o número total de casos detectados pola Plataforma de Vixilancia e Control Epidemiolóxica e polos Servizos de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Sergas. Sen embargo, dez persoas xa están curadas e foron dadas de alta, o que implica que o número de casos activos de covid-19 nestes momentos na comarca de A Mariña é de 121.

O primeiro caso de infección por covid-19 detectouse o martes 23 de xuño. A partir desta confirmación inicial, fíxose un rastrexo e analizáronse todos os contactos das persoas que se foron vendo afectadas. Ata o momento, mediante as probas realizadas confírmase a existencia de 131 positivos en covid-19 relacionados con este brote, con dez curados neste momento e 121 casos activos. Hai que destacar que todos estes positivos están relacionados co brote, o que permite garantir a trazabilidade dos casos e seguir na mesma estratexia de busca activa de contactos e realización de todas as probas necesarias de forma precoz para cortar canto antes a transmisión.
O número total de PCR realizadas é de 201.666.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com