" />

Os afectados por Covid-19 manteñense coma onte en 58 casos activos na área de Lugo

Nas últimas 24 horas o número de casos activos por coronavirus na área de Lugo é o mesmo que onte, 58, segundo indicou a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade , na última actualización.

O número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 854, deles 207 son da área da Coruña, 58 da de Lugo, 127 da de Ourense, 36 da de Pontevedra, 255 da área de Vigo, 145 da de Santiago, e 26 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 11 permanecen en UCI, 60 están en unidades de hospitalización e 783 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.740 persoas curadas, rexistrándose 614 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 135.464.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo